POLÍTICA de Protección do comprador
1. Descrición xeral da Protección do comprador
A. Alcance
A Protección do comprador é un servizo que fornece Ingka NB AB, unha sociedade sueca de responsabilidade limitada con sede en Malmö, Älmhultsgatan 2, 215 86 Malmö, Suecia, CIF: 559487-7051 (en diante, "INBAB"), e incide en todas as transaccións do mercado en liña de segunda man que xestiona INBAB (en diante, "o Mercado").
INBAB ofrece a Protección do comprador ás persoas que mercan no Mercado. INBAB non forma parte da transacción entre a persoa que merca e a que vende, e a persoa que vende non participa nos acordos de vendas ou devolucións entre quen merca e quen vende.
A Protección do comprador busca garantir a seguranza das transaccións no Mercado e inclúe o seguinte:
· Revisións das publicacións: INBAB asegúrase de que no Mercado só se vendan mobles e accesorios de decoración do fogar IKEA de segunda man que sexan reais (é dicir, que non sexan falsificacións nin réplicas), agás produtos de IKEA Food, electrodomésticos (como frigoríficos, fornos ou purificadores de aire) e colchóns (en diante, os "Produtos"); ademais, deben ser artigos seguros e atoparse en condicións que permitan o seu uso.
· Verificación dos vendedores: O Mercado é de uso exclusivo para os socios e as socias de IKEA Family.
· Pagamentos seguros: Todos os pagamentos procésanse a través do provedor de servizos de pagamento de INBAB, o que reduce o risco de fraude e estafa. O provedor de servizos de pagamento retén o pagamento á persoa que vende ata que a persoa que merca acepte o Produto e transcorran 48 horas dende que o faga.
· Resolucións de litixios e reembolsos: A persoa que merca debe inspeccionar con detemento o Produto cando o recolla para garantir que se adhira ao anuncio do Mercado. Porén, se por algún motivo, a persoa que merca descubre nun momento posterior (nas primeiras 48 horas tras facer clic no botón "Aceptar") que o Produto varía de xeito considerable con respecto á información do anuncio (máis detalles na sección 1.D, abaixo), o servizo de Protección do comprador permítelle enviar unha solicitude de reembolso ao equipo de asistencia ao cliente do Mercado. Nalgúns casos (como se detalla nesta Política), a Protección do comprador pode concederlle á persoa que merca o dereito a que se lle reembolsen o prezo de compra do Produto, a tarifa de Protección do comprador e a comisión de entrega (se procede).
B. Comisión de Protección do comprador
A Protección do comprador proporciónaselle á persoa que merca a cambio dunha comisión do 5% do prezo de compra do Produto e engádese de xeito automático a todas as compras que se realicen no Mercado. A persoa que compra aboa a comisión de Protección do comprador a INBAB durante o pagamento. A Protección do comprador non ten validez cos Produtos gratuítos, nin se a persoa que compra e a que vende establecen acordos alternativos para efectuar a transacción fóra do Mercado.
C. A Protección do comprador sempre está presente?
Si, a Protección do comprador sempre está aí cando nas transaccións de todos os pagamentos que se efectúen no Mercado.
D. Condicións para considerar que o Produto difira de xeito considerable do anuncio, en relación coa Protección do comprador
A persoa que merca pode solicitar un reembolso da transacción se o Produto que mercou
E. A Protección do comprador e os dereitos estatutarios
A Protección do comprador engádese aos dereitos estatutarios ou de calquera índole legal dos que goces, e non os substitúe, restrinxe nin exclúe. Polo tanto, tanto a persoa que merca como a que vende conservan os seus dereitos estatutarios ou de calquera índole legal (como as reclamacións de garantía e as proteccións contra mercadorías defectuosas ou incorrectas, se procede), e a decisión de INBAB non lles impedirá procurar outros recursos xurídicos dispoñibles.
2. Resolucións de litixios e reembolsos
A. Presentación dunha solicitude de reembolso e as súas consecuencias
A persoa que merca pode solicitar un reembolso se contacta co equipo de asistencia ao cliente de INBAB a través do Mercado. A persoa que merca debe asegurarse de que a solicitude de reembolso inclúa o seguinte:
a) unha explicación do motivo polo que a persoa que merca cre que ten dereito a un reembolso; e
b) fotos do Produto (incluída a embalaxe, se procede) que axuden á persoa que merca a xustificar a solicitude de reembolso, se conta con algunha.
INBAB enviará un correo electrónico ao enderezo vencellado á conta de IKEA Family da persoa que merca para confirmar a recepción da súa solicitude. Así mesmo, INBAB informará á persoa que vende da solicitude de reembolso da persoa que merca e dos seus motivos, así como da suspensión do pagamento pola transacción do Produto.
Nun prazo de sete (7) días tras recibir a devandita notificación por correo electrónico, a persoa que vende pode ofrecer información a INBAB sobre a solicitude de reembolso a través do equipo de asistencia ao cliente do Mercado para explicar por que cre que se lle debe compensar polo Produto e incluír fotos do Produto (incluída a embalaxe, se procede), co obxectivo de xustificar o pagamento da transacción á persoa que vende. Se a persoa que vende non achega información a INBAB neste período, INBAB tomará unha decisión sobre a Protección do comprador só cos datos que proporcionase a persoa que merca.
INBAB podería solicitarlles á persoa que merca ou á que vende máis información sobre a solicitude de reembolso, como una descrición detallada das circunstancias do caso, fotografías do paquete no que estaba incluído o Produto e outras probas que poidan ser necesarias para decidir como proceder coa solicitude de reembolso. INBAB concederalles un período razoable tanto á persoa que merca como á que vende para ofrecer a información solicitada. Se INBAB non recibe a información adicional no prazo especificado na solicitude de INBAB, tomará unha decisión sobre a solicitude de reembolso só coa información que xa se lle achegase con anterioridade.
INBAB analiza a solicitude de reembolso de acordo coa información que proporcionasen tanto a persoa que merca como a que vende (se procede), e decide se o Produto cumpre os criterios sinalados enriba, na sección 1.D.
Se as circunstancias do caso reflicten que a persoa que merca ou a que vende cometeron un crime, é posible que INBAB lle pida á parte pertinente que traslade o caso ás autoridades. No caso de presentar unha denuncia ante as autoridades, INBAB solicitará unha copia do documento, que deberá fornecerse nos sete (7) días posteriores á devandita solicitude.
INBAB tomará unha decisión sobre a solicitude de reembolso nun prazo de trinta (30) días tras recibila e informará á persoa que merca ou á que vende ao respecto por correo electrónico.
B. Tempo límite para solicitar un reembolso e os resultados da solicitude
As solicitudes de reembolso deben efectuarse nas primeiras 48 horas dende que a persoa que merca acepta o Produto na súa conta. Se a solicitude non se realiza neste prazo, a persoa que merca perde o dereito a solicitar un reembolso que fornece a Protección do comprador, e a persoa que vende recibe o pagamento. As reclamacións entre a persoa que merca e a que vende que teñan lugar tras este período non estarán amparadas pola Protección do comprador, e deberán dirimirse entre ambas partes directamente, sen implicar a INBAB.
Se a persoa que merca presenta unha solicitude de reembolso nas primeiras 48 horas, INBAB iniciará un proceso de litixio e o provedor de servizos de pagamento suspenderá o pagamento do Produto pertinente á persoa que vende, ata que INBAB decida se a solicitude de reembolso está ao abeiro da Política de Protección do comprador ou ata que a persoa que merca cancele a solicitude de reembolso.
A persoa que merca ten dereito a cancelar a solicitude de reembolso ata que INBAB dirima a situación. Para facelo, a persoa que merca debe informar ao equipo de asistencia ao cliente do Mercado; así, o litixio pecharase e marcarse como resolto. Se a persoa que vende compensa á que merca fóra do Mercado, ou se a persoa que merca decide quedar co Produto (é dicir, que finaliza a transacción), a persoa que merca terá que cancelar a solicitude de inmediato, de acordo coa Protección do comprador. Nestas circunstancias, se non se cancela a solicitude de reembolso, podería considerarse que se está a cometer fraude, o que supoñería un incumprimento dos termos e condicións de IKEA Family.
C. Decisión sobre a solicitude de reembolso
Após revisar a solicitude de reembolso e tomar unha decisión ao respecto, INBAB informará á persoa que merca e á que vende de se a solicitude (i) se aprobou e o pagamento do Produto se lle reembolsará á persoa que merca, ou (ii) se rexeitou e o pagamento do Produto liberarase para que o reciba a persoa que vende. Para isto, teranse en conta os seguintes criterios e procedementos:
· Reembolso completo: Aprobarase un reembolso completo para as solicitudes de reembolso que cumpran os criterios estipulados na sección 1.D e que estean acompañadas de probas, de acordo coa sección 2.A. No caso de que INBAB aprobe a solicitude de reembolso e de que o Produto non fose incautado polas forzas de seguranza nin se perdese durante a entrega ou o traslado á persoa que merca, a persoa que vende ten dereito a esixir que a persoa que merca lle devolva o Produto.
O pagamento suspendido da transacción reembolsaráselle á persoa que merca a través do método de pagamento orixinal. Este reembolso procesarase nun prazo máximo de trinta (30) días dende que INBAB aprobe a solicitude de reembolso.
Este procedemento tamén se segue se os documentos que recibe INBAB indican que as forzas de seguranza incautaron o Produto a causa da notificación dun posible crime (consultar sección 2.A). De ser o caso, INBAB achegaralle á persoa que vende a información que ten sobre a incautación do Produto, e o pagamento reembolsaráselle á persoa que merca.
· Rexeitamento da solicitude de reembolso: Nos casos nos que non se cumpran ningún dos criterios descritos na sección 1.D, ou se a información que se lle proporciona a INBAB é contraditoria ou insuficiente para soster a solicitude, ou ben se non cumpre os criterios descritos na sección 2.A, a solicitude de reembolso rexeitarase e o provedor de servizos de pagamento liberará o pagamento suspendido para que a persoa que vende o reciba nun prazo máximo de trinta (30) días dende a data en que se tome a decisión.
D. Devolución do Produto
Se se aproba a solicitude de reembolso da persoa que merca, a persoa que vende pode pedir que se lle devolva o Produto, salvo que fose incautado polas forzas de seguranza ou se perdese durante a entrega ou o traslado á persoa que merca. INBAB non xestiona as devolucións de Produtos entre as persoas que mercan e venden, de acordo coa Protección do comprador. Polo tanto, as conversacións para levalas a cabo realizaranse directamente entre a persoa que merca e a que vende.
E. Queixas sobre a Protección do comprador
INBAB é responsable de xestionar as queixas sobre a Protección do comprador. Se tes preguntas, queixas ou comentarios específicos que estean relacionados coa Protección do comprador, ponte en contacto con INBAB a través do chat de asistencia ao cliente do Mercado (dispoñible aquí: https://secondhand.ikea.com/es/gl/customer-support/)[VP1] . Ao presentar unha queixa, indica o teu nome e os teus apelidos, o teu enderezo e o motivo da queixa. INBAB responderá a túa queixa nun prazo de trinta (30) días dende que a reciba.
F. Cambios na Política de Protección do comprador
É posible que esta Política de Protección do comprador se modifique e actualice cada certo tempo, e só por razóns válidas, como poden ser cambios nas cláusulas, axustes do alcance do servizo, actualizacións técnicas obrigatorias e outros cambios importantes nas actividades que realiza INBAB. Cando a Política se actualice, INBAB informará ao respecto no Mercado.
[VP1]@localization Tea: please include link
https://secondhand.ikea.com/es/es/customer-support/ Castellano
https://secondhand.ikea.com/es/en/customer-support/ English
https://secondhand.ikea.com/es/gl/customer-support/ Galego
© Inter IKEA Systems B.V. 1999-2026