POLÍTICA DE PRIVACIDADE PARA O MERCADO EN LIÑA DE SEGUNDA MAN IKEA
1. Sobre esta Política de privacidade
Somos conscientes do importante que resulta para ti coñecer o uso que lles damos aos teus datos, e sempre faremos o que estea nas nosas mans para ser o máis transparentes posible contigo.
Esta Política de privacidade abrangue o procedemento e os motivos polos que tratamos e compartimos os datos persoais que nos achegas ao usar o mercado en liña de segunda man que tes á túa disposición a través de https://secondhand.ikea.com/es/gl/ (en diante, o "Mercado") para mercar e vender mobles e accesorios de decoración do fogar IKEA de segunda man.
Así mesmo, esta Política de privacidade resalta os teus dereitos no tocante aos datos persoais que tratamos sobre ti. Respectamos o teu dereito á privacidade e comprometémonos a que siga a ser así.
O mercado en liña de segunda man só está á disposición dos socios e as socias de IKEA Family. Podes obter máis información sobre o tratamento dos datos persoais co obxectivo de ofrecerche IKEA Family e a conta IKEA Family vencellada aquí. Os termos e condicións vencellados á túa condición de socio ou socia de IKEA Family (incluído o acceso ao Mercado) poden atoparse aquí ("Termos e condicións de IKEA Family"). Esta Política de privacidade só atinxe ao tratamento dos teus datos persoais cando empregas o Mercado e interactúas con outros usuarios nel.
2. Quen somos e como podes contactar connosco?
Somos o Grupo Ingka, un franquiado de Inter IKEA Systems B. V. que xestiona as canles de venda físicas e dixitais de IKEA en todo o mundo. Podes atopar máis información sobre nós en www.ingka.com.
O Grupo Ingka é unha empresa cuxo responsable de datos, en virtude do presente Política de privacidade, é Ingka NB AB (en diante, "Responsable dos datos" ou "nós"). Ingka NB AB é unha sociedade sueca de responsabilidade limitada, inscrita na Oficina de Rexistro Empresarial de Suecia co número 559487-7051, e domicilio social en Älmhultsgatan 2, 215 86, Malmö, Suecia. Ingka NB AB xestiona o Mercado.
Se queres contactar co noso Delegado de Protección de Datos, envía un correo electrónico a aqui. Se queres exercer calquera dos teus dereitos (como se indica na sección 10), ponte en contacto co servizo de asistencia ao cliente do Mercado a través do chat alí presente.
3. Que datos persoais tratamos e con que fin o facemos?
Ao utilizar o Mercado, recompilamos e tratamos os teus datos persoais. É posible que recompilemos os seguintes tipos de datos persoais:
• Información que nos achegas directamente: Isto inclúe o teu perfil de IKEA Family (para iniciar sesión), as túas publicacións (como as fotos e descripcions, as mensaxes que escribes no chat e as recensións que compartes) e calquera outra información que decidas fornecernos ao utilizar o Mercado.
• Información que recompilamos de xeito automático: Cando interactúas connosco a través do Mercado, recompilamos certa información de maneira automática, como o teu enderezo IP, o software do teu navegador e o teu sistema operativo.
• Información que recibimos de terceiros: O noso provedor de servizos de pagamento comparte os teus datos persoais connosco, e é posible que recibamos datos persoais doutros usuarios do Mercado se fan valoracións ou recensións sobre ti.
Os teus datos persoais trátanse cos seguintes obxectivos:
Para acceder ao Mercado, terás que iniciar sesión na túa conta de IKEA Family. Temos que saber onde te atopas para ofrecer o Mercado do país que corresponda, así como o idioma correcto. Así mesmo, trataremos os teus datos persoais para que poidas publicar os produtos IKEA de segunda man que queiras vender, ademais de para explorar e mercar os produtos IKEA de segunda man doutras persoas.
• Correo electrónico e contrasinal
• Número de identificación de IKEA Family
• País de residencia/código postal
• Publicacións (incluídas as fotos e as descricións)
• Historiais de compras e vendas, e identificadores das transaccións
Levamos a cabo esta acción para executar o noso contrato (os Termos e condicións de IKEA Family) contigo e para outorgarche acceso ao Mercado.
Trataremos os teus datos persoais para que poidas empregar o chat, o que favorece a interacción entre as persoas que mercan e as que venden. Implementamos unha moderación automática do contido das mensaxes do chat para garantir que se adhiran aos Termos e condicións de IKEA Family. Por ese mesmo motivo, revisaremos as túas mensaxes se outro usuario as denuncia como desapropiadas. Tamén é posible que procesemos as mensaxes do chat se é preciso para xestionar un incidente que se ampare na Protección do comprador.
• Nome de usuario
• Mensaxes do chat
• Preguntas sobre os produtos
Tratamos estes datos persoais para executar o noso contrato (os Termos e condicións de IKEA Family) e porque temos a obriga legal de tomar medidas se algún usuario denuncia que certo contido é desapropiado ou ilegal.
No Mercado, é posible que os usuarios valoren e fagan recensións doutros usuarios. Todas as valoracións e recensións poden chegar a moderarse. Ao publicalas, amosarán o nome do usuario que as compartiu e o do que as recibiu.
• Nome do usuario que fixo a recensión
• Nome do usuario que recibiu a recensión
• Produtos vendidos
• Datos das valoracións e recensións
Tratamos estes datos persoais para executar o noso contrato (os Termos e condicións de IKEA Family) e cando corresponda, de acordo co noso interese lexítimo de ofrecerche unha experiencia inmellorable.
Trataremos os teus datos persoais para facilitar o proceso de pagamento, tanto se o fas como se o recibes, a través dunha transferencia bancaria ou dunha tarxeta de reembolso dixital de IKEA. Un provedor de servizos de pagamento externo é a parte encargada de xestionar o devandito pagamento. Compartiremos o seguinte co provedor de servizo de pagamento: os datos da túa conta bancaria; o enderezo de facturación/envío; o teu nome e os teus apelidos; a data, a hora e o importe da compra; o ID do dispositivo; o ID de pedido; a información da tarxeta de pagamento, e os elementos que vinculen o cliente coa transacción. Se o provedor de servizos de pagamento así o solicita, co obxectivo de efectuar controis KYC (ou Know-your-customer) ou de previr a fraude, por exemplo, é posible que tamén che pidamos que compartas o teu número de identificación fiscal e mais o número de identificación nacional/oficial.
• Nome e apelidos
• Data, hora e importe da compra
• Datos da conta bancaria
• Enderezo de facturación/envío
• ID do dispositivo
• ID do pedido
• Información da tarxeta de pagamento
• Identificadores dos clientes
• Número de identificación fiscal ou número de identificación nacional/oficial
Tratamos estes datos persoais para executar o noso contrato (os Termos e condicións de IKEA Family). No tocante aos controis KYC e a prevención da fraude, tratamos os datos persoais porque facelo é a nosa obriga legal.
Tratamos os datos das túas interaccións connosco no chat de asistencia do Mercado para fornecer servizos de asistencia ao cliente. Tamén utilizamos estes datos para realizar seguimentos das queixas e para mellorar os sistemas e os servizos que ofrecemos, xa que nos permiten coñecer mellor a actividade e o desempeño do sistema.
• Información de contacto, nome e ID do cliente
• O tipo de solicitude de servizo
• Anexos (se os hai) de información que complemente a solicitude
Tratamos estes datos persoais para executar o noso contrato (os Termos e condicións de IKEA Family) contigo e mais para garantir que goces dunha boa experiencia e solucionar os problemas que atopes ao utilizar o Mercado.
Levamos a cabo análises dos datos de actividade dos usuarios para xerar información útil sobre os clientes e personalizar a túa experiencia no Mercado. Esta información útil sobre os clientes axúdanos a ofrecerche un feed á medida, recomendacións de publicacións que che resulten interesantes e resultados de busca relevantes. Datos persoais que se tratan
• Historial de navegación
• Datos de actividade (por exemplo, publicacións, artigos vendidos e buscas) • Alertas
• Datos de localización (para amosarche publicacións que estean preto de ti)
• Correo electrónico cifrado
Personalizaremos a túa experiencia en liña segundo as cookies que consintas e, cando corresponda, o noso interese lexítimo de crear un Mercado cheo de ideas que che resulte relevante.
Trataremos os teus datos persoais para informar da túa identidade ás autoridades fiscais suecas (e á a Agencia Tributaria Española) se as vendas totais ou o número de transaccións alcanza o límite establecido na lexislación fiscal pertinente (implementación da normativa DAC7).
• Nome e apelidos
• Enderezo
• Número de identificación fiscal ou número de identificación nacional/oficial
• Data de nacemento
• Valor total das vendas no Mercado durante o ano actual
• Número de transaccións
Tratamos estes datos persoais para cumprir a nosa obriga legal, de acordo coa lexislación fiscal relevante (DAC7).
Empregamos os datos das interaccións para analizar tendencias e identificar melloras que se poden levar a cabo de maneira interna no que respecta ao desempeño e o uso do Mercado. Realizamos análises de datos sobre a actividade do Mercado de xeito agregado ou usamos datos pseudonimizados para poder supervisar o desempeño e mellorar de forma continua.
• Información sobre a conta
• Interaccións en liña
• Historial de navegación
• Preferencias de compra
• Alertas
• Información sobre navegación e conectividade
Temos o interese lexítimo de analizar esta información para mellorar a experiencia do cliente. O consentimento que lles dás ás cookies afecta ao historial de navegación, que se emprega para levar a cabo estas análises. Utilizamos o teu perfil de usuario para coñecer as túas preferencias e alertas que se compartisen no perfil de usuario. Podes xestionar as cookies e actualizar as túas preferencias en calquera momento. Estes datos vincularanse a un identificador pseudonimizado como medida de protección da túa identidade.
Empregamos os teus datos persoais para garantir que o Mercado sexa un espazo seguro para todas as persoas. Isto implica que tratamos os datos persoais para previr a fraude e as estafas, e para protexerte e protexernos delas, así como para realizar pagamentos seguros e para que todos os usuarios se adhiran aos Termos e condicións de IKEA Family que atinxen ao Mercado. Así mesmo, implica que moderamos o Mercado na procura de actividades sospeitosas e tomamos medidas cando os usuarios denuncian que certo contido é ilegal.
• ID de usuario
• Información sobre a conta
• Datos de actividade
• Datos técnicos e do dispositivo, enderezo IP
• Datos de localización
• Mensaxes do chat
Temos o interese lexítimo de previr o uso indebido e o abuso do Mercado, a fraude e as ameazas de seguranza, e de protexerte e protexernos destas situacións. Ao xestionar a plataforma, tamén temos a obriga legal de adoptar medidas cando se nos informa de actividades ilegais no Mercado e de gardar a información relevante durante o período establecido na Lei de Servizos Dixitais europea.
4. Canto tempo conservamos os teus datos?
Conservaremos os teus datos persoais todo o tempo necesario para acadar os obxectivos indicados en seccións anteriores. Cando xa non precisemos os teus datos persoais para os obxectivos planeados, os datos eliminaranse ou anonimizaranse para que non se che poida identificar. Nalgunhas ocasións, é posible que conservemos algúns datos durante máis ou menos tempo, por razóns comerciais ou operativas, ou a causa de obrigas legais.
5. Quen ten acceso aos teus datos persoais?
Empresas que nos proporcionan servizos:
Colaboramos con provedores de servizos de terceiros (en diante, "provedores de servizos") para tratar os teus datos persoais, no noso nome, de acordo coas instrucións que achegamos e cumprindo de forma rigorosa a lexislación pertinente, así como esta Política de privacidade.
A continuación, resaltamos algúns destes provedores de servizos:
• Terceiros que nos ofrecen servizos dixitais para asegurar o funcionamento do Mercado
• Terceiros que nos axudan a segmentar e coñecer mellor os nosos clientes
• Empresas que nos fornecen de servizos de márketing e publicidade
• Empresas que agregan ou anonimizan os comportamentos derivados das secuencias de clics no noso sitio web, na aplicación e no Mercado
Os nosos provedores de servizos non comparten os teus datos con outras entidades sen que nós o aprobemos e se non hai un base legal relevante que lles permita facelo. Comprometémonos a establecer acordos só con entidades que aseguran como corresponde a implementación de medidas organizativas e técnicas que garantan a protección dos teus dereitos. Por lei, todos os provedores de servizos deben adherirse a un contrato por escrito que regule, entre outros aspectos, o tema, a duración, a natureza e o propósito do tratamento, así como as categorías de titulares de datos e os dereitos e as obrigas de cada parte.
Outros destinatarios:
Ademais, é posible que compartamos os teus datos persoais con terceiros (como autoridades públicas e organismos gobernamentais), ou ben que llelos comuniquemos, cando sexa necesario polos seguintes propósitos: (i) cumprir as nosas obrigas de acordo co estipulado nos Termos e condicións de IKEA Family, e (ii) cumprir as obrigas legais.
Tamén compartiremos os teus datos persoais con outras empresas do Grupo Ingka cando esas empresas compartan diversas operacións e procesos comerciais con nós. Faremos isto co fin de cumprir coas nosas obrigas contratuais contigo ou porque facelo redunda no noso interese lexítimo.
Compartimos datos con compañías do Grupo Inter IKEA (como o franquiciador de IKEA, Inter IKEA Systems B.V.). A maioría dos datos que compartimos non son datos persoais. Se compartimos datos persoais, facémolo só de forma seudonimizada. Isto significa que os datos foron editados e/ou cifrados para que as empresas do Grupo Inter IKEA non poidan identificarte. As empresas do Grupo Inter IKEA utilizan os datos seudonimizados que compartimos con elas para manter e desenvolver o concepto IKEA, os produtos IKEA e os servizos IKEA. Atoparás máis información e datos de contacto de Inter IKEA Systems B.V. en www.about.IKEA.com
Por último, os demais usuarios do Mercado terán acceso a algúns dos teus datos persoais (nome de usuario, publicacións, localización, valoracións e recensións), pois son necesarios para que interactúen contigo no Mercado. Cando vendas un produto, a persoa que o comprou tamén terá acceso ao enderezo de recollida que especifiques no teu perfil.
6. Toma de decisións automatizada
Facemos uso de ferramentas de intelixencia artificial (IA) para identificar e marcar de maneira activa contidos, publicacións ou comportamentos dos usuarios no Mercado que poderían infrinxir a lexislación pertinente ou as nosas políticas de moderación. Porén, para garantir a imparcialidade e a precisión, todo o contido marcado pola IA someterase a unha revisión obrigatoria por parte dun moderador humano. Este proceso asegura que non se tomen decisións sobre eliminación de contido, Políticas a usuarios ou medidas coa conta que só se sustenten no sinalado por medios automatizados; así, mantemos o noso compromiso de efectuar supervisións humanas e de cumprir as normativas no tocante á toma de decisións automatizadas.
7. Transferencias internacionais de datos
É posible que transfiramos datos persoais a empresas estranxeiras do Grupo Ingka (se as devanditas empresas comparten actividades e procesos comerciais connosco) ou aos nosos provedores de servizos. Para facelo, pode que sexa necesario tratar os datos persoais nun país que non forme parte da Unión Europea. S Nestes casos, informámoste de que a transferencia dos teus datos persoais realizouse con base legal grazas a unha decisión de adecuación da Comisión Europea ou porque aseguramos a transferencia ao asinar as cláusulas contractuais estándar (aprobadas pola Comisión Europea) co destinatario. Tomaremos as medidas necesarias para garantir que, ao transferir os teus datos persoais fóra da Unión Europea, estes gocen dun nivel de protección similar ao que teñen na Unión Europea; se fose preciso, empregaremos outras ferramentas válidas de transferencia ou unha derrogación que se axuste á lexislación en materia de protección de datos para salvagardar os teus datos persoais.
Se queres obter máis información sobre as transferencias de datos internacionais e as medidas de seguranza que implantamos para garantir a protección dos teus datos persoais, ponte en contacto connosco de acordo co establecido na sección anterior.
8. Os teus dereitos
A lexislación en materia de privacidade, que inclúe o Regulamento Xeral de Protección de Datos (en diante, "RXPD"), outórgache unha serie de dereitos relacionados cos datos persoais que recompilamos sobre ti.
Se queres exercer algún dos seguintes dereitos que che corresponden, ponte en contacto con nós a través do seguinte formulario web: portal de privacidade de ISDP en España.
O acceso, os dereitos e os controis poden variar segundo a túa solicitude, pero, en xeral, os seguintes dereitos están á túa disposición, salvo que che comuniquemos ou xustifiquemos o contrario.
Acceso: Tes dereito a que che confirmemos que datos persoais tratamos sobre ti e, se é o caso, a
recibir unha copia dos teus datos.
Rectificación: Tes dereito a pedir que actualicemos ou corrixamos os teus datos persoais se son imprecisos ou están incompletos ou desfasados.
Supresión ("dereito ao esquecemento"): Tes dereito a solicitar que eliminemos os teus datos persoais se non seguen a ser necesarios para o seu fin.
Limitación do tratamento: Tes dereito a pedir que limitemos ou deteñamos algúns dos tratamentos que facemos dos teus datos persoais, de xeito temporal ou permanente.
Oposición: Tes dereito a opoñerte ao tratamento dos teus datos persoais en calquera momento, sempre que a base legal do tratamento destes datos sexa o noso interese lexítimo. Nalgúns casos, se aceptamos a túa solicitude, será imposible que poidas seguir accedendo ao Mercado.
Dereito a retirar o teu consentimento: Se o fundamento para tratar os teus datos persoais é o teu consentimento, tes o dereito a retiralo en calquera momento. Podes exercer este dereito se contactas connosco segundo o indicado na sección 2. Ten en conta que retirar o teu consentimento non afecta á legalidade do tratamento que se efectuou antes da retirada.
Portabilidade: Tes dereito a recibir unha copia lexible dos teus datos persoais e, se o solicitas, a que os devanditos datos persoais se transfiran a outro provedor de servizos.
Non ser obxecto de decisións individuais automatizadas: Tes dereito a non ser obxecto de decisións que só se sustentan en tratamentos automatizados, como a elaboración de perfís, que produzan efectos xurídicos sobre ti ou que che afecten de xeito considerable dunha forma similar.
Dereito a queixarse: Tes dereito a presentar unha queixa sobre o uso que facemos dos teus datos persoais ante a Agencia Española de Protección de Datos. Porén, antes de facelo, apreciaríamos moito que contactases connosco para poder abordar o que che preocupa.
Presentar unha queixa perante a Agencia Española de Protección de Datos non afectará ao resto dos dereitos nin das solucións legais que poidan estar á túa disposición.
É posible que teñamos que solicitarche información específica para que nos confirmes a túa identidade e garantir o teu dereito a acceder aos teus datos (ou a exercer calquera outro dereito). Deste xeito, asegurámonos de que os datos persoais non se comparten con persoas que non teñan dereito a recibilos. Tamén é posible que contactemos contigo para pedirche máis información sobre a túa solicitude e axilizar a nosa resposta.
Tentamos responder todas as solicitudes lexítimas nun prazo dun mes. En certas ocasións, poderiamos necesitar máis tempo; por exemplo, se a solicitude presenta complexidades particulares ou se realizaches varias solicitudes. Neses casos, comunicarémonos contigo para que esteas sempre ao día.
9. Como saberei se cambia esta Política de privacidade?
A medida que os regulamentos de privacidade cambian e desenvolvemos os nosos procesos e servizos, é posible que actualicemos esta Política de privacidade. Os futuros cambios que afecten a esta Política de privacidade actualizaranse en liña, e poderase acceder a eles tamén en liña; no documento actualizado aparecerá a data na que se efectuaron os últimos cambios, como se ve abaixo. Se realizamos cambios materiais na Política de privacidade, informarémoste por correo electrónico.
Animámoste a que consultes esta Política de privacidade cada certo tempo para comprobar se cambiou. Se segues a facer un uso continuo do Mercado unha vez que esta Política de privacidade se revise ou cambie, quererá dicir que se che informou como é debido dos termos revisados no tocante ao tratamento dos teus datos persoais.
Esta Política de privacidade actualizouse por última vez en novembro de 2025.
© Inter IKEA Systems B.V. 1999-2026