Actualizado maio 2026
Mercado en liña de segunda man IKEA Política de cookies
Nesta política de cookies, explícase que son as cookies e como as empregamos no noso mercado en liña de segunda man. Debes ler esta política para comprender que tipo de cookies utilizamos, a información que recompilamos grazas a elas e como se usa a devandita información.
Somos IKEA IBERICA, S.A.U. ("Responsable local do tratamento") e Ingka NB AB ("Responsable global do tratamento"); en diante, denominados en conxunto "Responsables do tratamento" ou "nós".
No tocante ás actividades de tratamento descritas na presente Política de cookies, actuamos como responsables conxuntos do tratamento, tal e como se establece no artigo 26 do Regulamento Xeral de Protección de Datos (RXPD). Isto significa que determinamos en conxunto as fins e os medios do tratamento dos teus datos persoais para ofrecerche a Conta e os servizos relacionados con ela en toda Europa. Os teus datos persoais compartiranse entre os corresponsables sempre que sexa necesario para que fagas uso da Conta e os servizos relacionados con ela.
Para obter máis información sobre como utilizamos, almacenamos e conservamos os teus datos persoais de xeito seguro, consulta a nosa Política de privacidade xeral e a Política de privacidade de IKEA Family.
Esta Política de cookies revísase e actualízase con regularidade; se modificamos a Política, publicaremos a versión actualizada aquí. Os posibles cambios entrarán en vigor a partir da data de actualización que se amosa arriba. Non utilizaremos nin compartiremos a túa información persoal de maneira retroactiva con fins considerablemente distintos sen tomar antes os pasos necesarios para notificarche ao respecto.
Que son as cookies?
As cookies son pequenos arquivos que se poden utilizar para almacenar determinada información que xa subministraches mentres navegabas a través da páxina web. O seu obxectivo é que a túa experiencia de navegación sexa o máis cómoda posible; ademais, recordan as túas preferencias, polo que non é necesario que introduzas os teus datos constantemente.
Hai distintos tipos de cookies: algunhas xorden directamente do noso sitio web, mentres que outras están asociadas a terceiros que as colocan na nosa páxina. As cookies poden almacenarse durante diversos períodos no navegador ou no dispositivo. As cookies de sesión bórranse do ordenador ou dispositivo ao pechar o navegador; as cookies persistentes gárdanse no ordenador ou dispositivo ata que se borran ou se acada a súa data de caducidade.
A través das nosas cookies e das cookies de terceiros, é posible que rexistremos e almacenemos a seguinte información sobre ti:
información técnica sobre o teu dispositivo (como o ID do dispositivo, o enderezo MAC, o enderezo IP, o sistema operativo, os axustes do dispositivo, o idioma, a resolución da pantalla ou o tipo de navegador web);
datos sobre a túa actividade no noso sitio web (como o momento e a duración da túa visita ao sitio web, as páxinas secundarias que visitaches ou as mercadorías que engadiches ao carriño);
información sobre as interaccións co contido que ofrecemos (como o que vai acompañado de anuncios, o consentimento que outorgaches ou a nosa correspondencia).
Así mesmo, é posible que utilicemos cookies para identificar o teu navegador ou dispositivo, almacenar información sobre as túas preferencias, ofrecer certas funcións e recompilar datos sobre as túas interaccións connosco en Internet. Isto inclúe vencellar os datos das cookies e a túa conta de IKEA Family.
Se deches o teu consentimento, pode que utilicemos os datos persoais recompilados a través das cookies para analizar as túas preferencias e personalizar o contido e as mensaxes de márketing que recibes (como anuncios á medida en plataformas externas). Se compartimos datos con provedores de servizos externos, é de xeito limitado e mediante ID de cookies ou correos electrónicos pseudonimizados.
Como utilizamos as cookies?
As cookies melloran a túa experiencia de navegación por diferentes motivos:
identifícante cando inicias sesión e recoñecen a túa configuración preferida;
ofrécenche unha experiencia de navegación única e comparten contido que consideramos que mellora a túa experiencia no noso sitio web;
analizan o xeito no que empregas o noso sitio web, o que nos axuda a solucionar os problemas que poidan xurdir e supervisar o noso desempeño.
Cookies estritamente necesarias
As cookies estritamente necesarias son esenciais para que o sitio web funcione, xa que, por exemplo, permítenche iniciar sesión na túa conta de IKEA Family ou establecer os teus axustes de privacidade. Sen as cookies técnicas, os nosos sitios web non funcionarían como é debido; por iso, estas cookies sempre están activas, sen necesidade de que nos concedas o teu consentimento. Estas cookies poden tratar datos persoais limitados, como identificadores en liña (por exemplo, un ID de sesión ou un identificador de dispositivo/seguranza) e as túas opcións no relativo ao consentimento, co único obxectivo de fornecer funcións esenciais de seguranza, autenticación e almacenaxe das túas preferencias de cookies. Se optas por bloquear estas cookies, o noso sitio web podería non funcionar tal e como se espera, e é posible que se perdan as túas preferencias.
_cf_bm: detección de bots e seguranza. Cookie Cloudflare Bot Management. Axuda a distinguir os usuarios reais dos bots e protexe a páxina web do tráfico automatizado. É fundamental para a seguranza e o desempeño.
Cookies de desempeño
Estas cookies permítennos contabilizar as visitas e fontes de tráfico para poder avaliar o desempeño do noso sitio web e melloralo. Axúdannos a determinar que páxinas son as máis ou as menos visitadas, e mais a comprobar como as visitas navegan por elas. Se non permites utilizar estas cookies, non saberemos cando visitaches o noso sitio web.
cs: cookie de sesión de ContentSquare para a análise do comportamento que realiza un seguimento dunha única sesión de navegación con fins de análise.
_ga: seguimento de usuarios de Google Analytics, que rexistra o número de visitantes únicos e axuda a IKEA a medir o tráfico e os padróns de uso.
_ga_HQ9F6R2RQ8: cookie específica da propiedade de Google Analytics que se utiliza para realizar un seguimento do comportamento no sitio web.
episod_lid: parte do sistema de análise interna de IKEA que almacena un identificador de usuario a longo prazo para facer un seguimento das visitas repetidas.
episod_ses: versión a nivel de sesión da cookie anterior que permite realizar un seguimento dunha única visita con fins de análise e probas A/B.
Cookies funcionais
Estas cookies permiten que o sitio web ofreza unha maior funcionalidade e personalización co obxectivo de garantir que o proceso de compra do cliente sexa fluído (por exemplo, fan que sexamos capaces de prestarche axuda a través do chat). Podemos establecelas nós ou pode que o fagan provedores externos con servizos que se engadiron aos nosos sitios web. Se non permites utilizar estas cookies, é posible que algúns destes servizos ―ou todos eles― non funcionen correctamente.
OptionAnoDate: para gardar unha preferencia de usuario (como a anonimización ou a configuración relacionada con datas). IKEA utiliza cookies de preferencias para lembrar as eleccións dos usuarios.
OptionCo: outra cookie de preferencias que almacena o país e as opcións de consentimento.
themeDirec: almacena o tema do ID de usuario e amosa as preferencias, como o modo claro/escuro ou a disposición.
Cookies de publicidade relativa ao comportamento
Estas cookies establécenas no noso sitio web os nosos socios publicitarios. Baséanse na identificación única do navegador e o dispositivo de Internet para poder ofrecerche publicidade personalizada se outorgaches o teu consentimento. As cookies de publicidade relativa ao comportamento empréganse nas campañas de márketing e remárketing dos nosos sitios web e dos sitios web dos provedores de servizos externos. Este tipo de cookies tamén nos permiten lembrarche os artigos da túa listaxe da compra, se non completas o proceso de compra, e enviarcha por correo electrónico.
Nestes momentos, o Mercado en liña non presenta cookies de publicidade relativa ao comportamento.
Cambiar as preferencias de cookies ou bloquear cookies
A través dos axustes de Cookies do noso sitio web, dispoñibles a primeira vez que o visitas e tras facer clic na ligazón "Configuración de cookies" da parte inferior da páxina, podes decidir que categorías relacionadas coas fins de tratamento descritas arriba aceptas. Porén, lembra que as cookies necesarias sempre estarán activas porque, se non, os nosos sitios web non funcionarían como é debido.
Dende os axustes do navegador, podes optar por bloquear a almacenaxe de cookies no navegador e bloquear o noso acceso a elas cando volvas visitar o noso sitio web dende o navegador pertinente ou cando abras as mensaxes que che enviamos. Non obstante, recorda que se impides que haxa cookies activas, é posible que certas funcionalidades dos nosos sitios web non respondan como está previsto.
© Inter IKEA Systems B.V. 1999-2026