Ikea Logo
    Chatear
    how_buying_works.image_alt

    Como funciona a compra

    Igual que cando mercas en IKEA.com, explora os artigos, resérvaos e, a seguir, concerta unha hora para recoller o teu novo tesouro. Para a túa tranquilidade, a Protección do comprador é gratuíta ata o 1 de xaneiro de 2027; normalmente, supón o 5% do prezo de compra.

    Compra en 3 sinxelos pasos

    1

    Fai un pedido

    Reserva artigos de forma segura. O teu pagamento retense ata que aceptes os artigos.

    2

    Organiza unha recollida

    Fala co vendedor para acordar unha hora e un lugar de encontro.

    3

    Inspecciona o produto e acepta

    Fai clic en "Aceptar" para levalo á casa ou cancelar para obter un reembolso completo.

    Preguntas frecuentes

    • O mercado en liña de segunda man IKEA é un servizo gratuíto para os socios e as socias de IKEA Family, e non hai que pagar tarifas de publicación nin comisións. Ademais, as taxas de Protección do comprador están exentas ata o 1 de xaneiro de 2027; a partir da devandita data, todos os compradores pagarán o 5% do prezo de compra para cubrir o pagamento seguro, a tranquilidade durante a recollida e a asistencia se algo sae mal.

    • Unha vez que reserves un artigo, depende de ti e do vendedor acordar unha hora e un lugar para reunirvos. Se o servizo está dispoñible na túa rexión, tamén podes escoller a entrega profesional ao finalizar a compra a cambio dunha tarifa. Os custos de envío calcúlanse en función do tamaño e o peso do artigo, xunto coa distancia dende o enderezo do vendedor ata o teu.

    • Dálle tempo ao vendedor para responder. Se non recibes resposta e non podes organizar a recollida, podes cancelar o pedido para obter un reembolso completo e seguir buscando un artigo similar.

    • Podes cancelar no momento da recollida se o artigo non é como esperabas. Se xa o levaches á casa, tes 48 horas para contactar co noso equipo de atención ao cliente e solicitar un reembolso por motivos como pezas que faltan, danos non especificados ou que non é un produto IKEA auténtico.

    Queres mercar produtos de segunda man e con desconto directamente en IKEA?

    No recuncho de segunda man da tenda, podes atopar produtos de segunda man, así como artigos que estiveron expostos ou que se devolveron, a un prezo reducido. Tamén podes explorar e reservar produtos de segunda man en liña e recollelos na tenda IKEA.

    Forma parte de IKEA Family

    Goza de vantaxes instantáneas como descontos para socios e socias se te unes de balde hoxe mesmo.

    Ao rexistrarte, aceptas compartir a túa información persoal con IKEA con fins de márketing. Consulta a Política de privacidade IKEA para obter máis información.

    BuscarMensaxesPerfil
      • Explorar todos os anuncios
      • Acerca do mercado
      • Como funciona a compra
      • Como funciona a venda
      • Coidado e reparación
      • Preguntas frecuentes
      • Protección do comprador
      • Ponte en contacto connosco
      • Isto é IKEA
      • Un día a día sostible
      • Fundación IKEA
      • Tenda de segunda man
      • Revender a IKEA
    • Mercado de segunda man IKEA

      • Explorar todos os anuncios
      • Acerca do mercado
      • Como funciona a compra
      • Como funciona a venda
      • Coidado e reparación
    Volver a IKEA.comPolítica de cookiesConfiguración de cookiesPolítica de privacidadeTermos e condicións© Inter IKEA Systems B.V. 1999-2026

    Atención ao cliente

    • Preguntas frecuentes
    • Protección do comprador
    • Ponte en contacto connosco
  • Acerca de

    • Isto é IKEA
    • Un día a día sostible
    • Fundación IKEA
    • Tenda de segunda man
    • Revender a IKEA